sábado. 25.09.2021 |
El tiempo
sábado. 25.09.2021
El tiempo

Uns poucos miles de votos deciden

NUNCA UNHAS eleccións galegas foron tan determinantes para España, nin nas primeiras de Fraga. Por iso hai hoxe máis ollos postos neste esquinazo peninsular. O PP xógase manter o único barón con maioría absoluta e o PSOE resistir. Porque estas dúas incógnitas poden, segundo se despexen, desatascar o panorama político no Congreso ou mantelo bloqueado. E nesta pelexa por uns poucos miles de votos cada partido, todos, intentan non só mobilizar os próximos, senón atraerse os dos demais. O PP non tivo reparo desde o principio en reclamar para si votantes de Ciudadanos e descontentos do PSOE; este reivindica o voto rebelde para evitar que vaia á Marea; este pretende acaparar os próximos a PSOE e BNG, e este arrógase a función de temoeiro do cambio para evitar fugas de potenciais votantes. Da efectividade da mensaxe dependerá, pois todo está en función duns miles de cidadáns.

Uns poucos miles de votos deciden
Comentarios