Opinión

Unha campaña decisiva

COMEZA a campaña co regusto dos datos do CIS, que evidentemente non son exactos ao que ocorrerá o 28-A, e non só polo cociñado, pero reflicten cousas evidentes: un PSOE á alza, un PP en recesión, un Podemos que non recupera nin con Iglesias, un Ciudadanos estancado a pesar de que se aventura crecemento desde o 2016 e un Vox emerxente pero menos do que se prevía hai nada. E en Cataluña ERC cómelle un amplo espazo a JxCat. Difícil gobernabilidade sexa como for, tanto se suman as tres dereitas como se o fan as esquerdas co nacionalismo. O único pacto de dous parece ser PSOE-Cs, pero xa se encargou Rivera de rexeitalo para lanzarse aos brazos de Casado e o imprescindible Abascal, porque o PP só non alcanza. Teñen mala prensa as campañas electorais, porque se di que non serven para nada. Pois desta cada equivocación e cada acerto serán determinantes, porque con esta atomización de partidos cada voto vale un mundo.

Comentarios