Opinión

Un país de maleducados

XA TEÑO reiterado que somos un país de delincuentes, en xeral, e aínda seriamos máis se non tiveramos medo a que nos pillen. E agora hai que sumar, por se non nos decataramos, que somos un país de maleducados, e non polo incivismo que campa en calquera lugar (a porta do noso garaxe comunitario é raro que non amañeza cunha mexada cada día, non hai beirarrúa que non teña deposicións de cans…). Somos tan malcriados que non sabemos conter a nosa rabia nun acto institucional e arremetemos contra un presidente de Goberno a berros. Somos tan incorrectos que apupamos un himno doutro país nun partido de fútbol ou insultamos a un xogador porque politicamente non comunga coas nosas ideas. Somos tan incoherentes que criticamos a pitada a un símbolo patrio e bramamos contra o doutro, e por riba aínda hai comentaristas televisivos que o xustifican, que desculpan a mala educación cando esta a practican os seus. Incongruentes.

Comentarios