Opinión

Un idioma non é excluínte doutros

MENTRES MAIORITARIAMENTE se siga considerando que un idioma é excluínte doutro -«en vez de estudar galego é mellor aprender inglés», din algúns, cando o lóxico é saber os dous e castelán, e se se pode máis aínda, porque uns non quitan os outros- seguirá minguando a lingua propia de Galicia. De pouco vale que se recorra ao Constitucional unha decisión educativa da Xunta cando o problema non está só nas aulas, senón no mundo da empresa, onde debería ser o primeiro idioma de contacto, non só nas que funcionan de cara o público como as tendas; en notarías, para que facer un documento non se converta nunha súplica e se retarde por non ter modelos en galego; nas inmobiliarias, onde se poida facer un contrato de aluguer ou compra neste idioma. Pero mentres se vexa desde un punto de vista economicista, e as institucións non colaboren en cambiar esta visión, imos mal.

Comentarios