lunes. 16.05.2022 |
El tiempo
lunes. 16.05.2022
El tiempo

Ultraxada polo matonismo

Quizais non sexa o comportamento máis grave, pero é o que pode apartalo da alcaldía, e non por que o principal partido que o sostén (non o seu) o deixe caer, senón por unha posible condena se se concreta denuncia da sindicalista agredida polo rexedor de Ourense. Certo que non foi o primeiro partido nas eleccións locais, senón que quedou por detrás de PSOE e PP, por esta orde, pero Jácome (preto de 12.000 votos recibidos) é durante este mandato o principal representante do terceiro concello de Galicia, degradado con imaxes como a que protagonizou este tan estrambótico alcalde. Xa ten amosado sobradas exhibicións de agresividade verbal (e faltas de respecto), e fachendear delas, culminadas agora con violencia física que xustifica en vez de desculparse, como lle reclaman Comisións Obreiras e o PP. Actitudes impropias con transixencia popular que enlaman unha cidade ultraxada cunha estampa de matonismo, despotismo e fanfarronada.

Ultraxada polo matonismo
Comentarios