Opinión

Trucaxes propagandísticas

TODA PROPAGANDA pretende incidir nas conciencias para atraer a algunha causa. Estados, partidos, empresas, calquera emprega estratexias difusoras das súas bondades. E nesa táctica hai veces nas que non se repara en manipulacións. Un caso recorrente é o da oposición dun estado que ocupa un espazo central no debate político español, que de cando en vez espalla polas redes sociais fotografías de calquera lugar do mundo facéndoas pasar por propias no intento de concienciar do mal que o están pasando. Que Venezuela non anda ben, parece evidente, e para constatalo téñense utilizado imaxes de Chile, Grecia, Singapur e outros lugares. A última, icónica do desabastecemento, foi sacada en Nova York, logo reproducida en xornais de medio planeta. Igual de groseiro que cando Irán trucou unha foto dun fallido lanzamento dun mísil. Trampas case sempre descubertas, pero mentres inflúen.

Comentarios