Opinión

Transparente, máis; pero igual de inviolable

NON, O REI emérito non andaba por Sanxenxo. Aínda que se viralizara que residía de incógnito no concello pontevedrés. Unha máis das tantas noticias falsas que ateigan as redes. Non estaba, pero realmente nada lle impide ter casa á beira do mar das Rías Baixas unha vez liberado da investigación dos seus negocios privados no estranxeiro e tamén porque non se pode pescudar na súa vida e comportamento porque ata que abdicou era inviolable, igual que é agora seu fillo porque a norma non se cambiou. Se ben estivo a punto, segundo o recoñece a exvicepresidenta Carmen Calvo.

Ao parecer, Goberno e PP abordaron en bastantes reunións o pasado ano e aínda este a posibilidade de eliminar a eximente de responsabilidade penal do Rei. Os avances en transparencia, como cando se dá a coñecer o patrimonio do monarca, melloran a institución, pero a inviolabilidade do primeiro dos representantes públicos é anacrónica nun Estado democrático.

Comentarios