Opinión

Transixenciaco lixo

LONXE queda aquel 2016 no que lle foi concedida a Lugo a Escoba de Ouro, un recoñecemento ao bo aseo urbano que hoxe nos fai ruborizar como cidade. E iso sen ter en conta os arredores rurais, sobre todo algúns. A eliminación de vertedeiros de lixo foi unha constante en Galicia nas últimas décadas, ao involucrarse as institucións, pero iso mudou e xa non é estraño volver atopar á beira de calquera camiño residuos acumulados, porque deixou de haber vixilancia e tampouco se destinan apenas recursos a esta tarefa. Pero xa non é só responsabilidade administrativa, que finalmente si, senón tamén doutros colectivos desdeixados como ecoloxistas, sociedades de cazadores ou asociacións veciñais que transixen con estas agresións medioambientais. Como exemplo informábase hai tres meses do noxento percorrido entre Barbaín e Bóveda, e pasado o tempo aí seguen colchóns, cascallos, rodas e todo o lixo imaxinable; unha merdallada á beira de Lugo.

Comentarios