Opinión

Trabucarse na parte polo todo

OS POLÍTICOS, adulados en excesivas ocasións, rodeados nas máis dos casos de próximos que só recoñecen bondades neles, equivócanse ás veces cando calculan a parte polo todo. Pasoulle a Esperanza Aguirre, cando sen apenas contestación en Madrid dentro do partido, pensou erroneamente que lle podía disputar o liderado a Rajoy cando o que acabou sendo presidente perdera por segunda vez diante de Zapatero. Pensou que Madrid e España eran sinónimos.

Non é única nesta idea a agora portavoz do principal partido da oposición no Concello da capital. Pois ao mellor Susana Díaz tamén se trabuca ao considerar que Andalucía é igual a España e que a súa vitoria na comunidade conleva o triunfo no resto do territorio. Non vaia ser que lle ocorra como a unha coñecida cervexa da que contan o chiste de que en Andalucía cren que é moi boa pero no resto de España non a tragan.

Comentarios