Domingo. 23.09.2018 |
El tiempo
Domingo. 23.09.2018
El tiempo

Traballo a esgallo mentres outros descansan

CHEGA O MES máis vacacional e aínda que non se está en período parlamentario de sesións, os partidos, todos, teñen deberes e non se poden arriscar os seus dirixentes a deixar pasar o tempo en praias, cruceiros ou montañas. O PP, apartado hai dous meses do Goberno, necesita readaptarse á nova conxuntura que supere a etapa de corrupción polo que foi condenado para recuperar terreo cun novo líder. O PSOE precisa consolidarse nun difícil equilibrio cunha manchea de cooperantes-rivais que por un lado apoian e por outro fan oposición. Podemos ten a complicada tarefa de visibilizar que é imprescindible para aparecer como alternativa de goberno que se resiste a pesar das perspectivas favorables que en ocasións lle outorgaban un papel chave. E Cs terá que reubicarse logo de quedar descolocado tras a moción de censura. Traballo teñen a esgallo todos neste mes no que moitos outros descansan.

Traballo a esgallo mentres outros descansan
Comentarios