domingo. 23.01.2022 |
El tiempo
domingo. 23.01.2022
El tiempo

Traballadores foráneos

OS BRITÁNICOS non queren conducir camións, igual que os españois son reacios a recoller tomates nos invernadoiros de Almería ou amorodos en Huelva. Ven os ingleses agora que os inmigrantes eran fundamentais para un traballo tan básico como transportar mercadorías imprescindibles para que o país non se paralice; por iso os empresarios do sector en vez de buscar nativos, como lles pide o Goberno, reclaman a este que flexibilice as normas de inmigración.

En España hai quen, facendo seguidismo de partidos populistas e xenófobos, considera que os chegados de fóra veñen quitar o traballo aos nados aquí, cando realmente copan os postos que desestiman os españois, algunhas veces empregados sen asegurar aproveitando a súa situación irregular. Son eivas dun mercado laboral con dous millóns de persoas cobrando o salario mínimo e empresarios tan apurados aos que lles desaxusta a conta pagar a un traballador 50 céntimos máis ao día.

Traballadores foráneos
Comentarios