viernes. 05.06.2020 |
El tiempo
viernes. 05.06.2020
El tiempo

Totalitarismo, exclusión do distinto

ALGUNHAS PERSOAS persoas queren apropiarse dunha bandeira e teñen malas intencións con ela, opina sen filtros, como é habitual nel, o británico asentado en España James Rhodes nunha recente entrevista. Reflicte así que en Inglaterra (igual que na inmensa maioría dos países) falar de bandeira non significa proximidade á extrema dereita, algo que aquí se levan corenta anos intentando evitar logo de que se apropiaran dela durante outros tantos. A súa reflexión vén acompañada dunha dúbida, que non entende a diferencia entre patriotas e fachas, aquí relacionado, porque non se soubo durante tempo abondo separalos. O fascismo (movemento totalitario apoiado na exaltación nacionalista coa bandeira como estandarte) está en auxe en Europa, e España non é excepción, branqueado por partidos que lle permiten acaparar insignias para lanzar contra os que disenten. Totalitarismo que pretende estender con uniformidade, intransixente co distinto. E subindo.

Totalitarismo, exclusión do distinto
Comentarios