Opinión

Todos contra todos, incluso entre aliados

COMO en tantos outros asuntos de Estado, nos que se debería ter unha soa voz, non se dá a conexión precisa entre as formacións políticas. Por interese partidista, aquí prodúcese unha liorta de todos contra todos, incluso entre aliados. Unha posible guerra é un asunto tremendamente sensible, se ben no conflito entre Rusia e Ucraína precísase unha única posición de país; pero pola contra incluso entre aliados exteriorízanse diferenzas que parecen insalvables. Os socios do Goberno manteñen posicións antagónicas. O PSOE reafirma o compromiso coa Otan nunha posible intervención militar como estratexia de disuasión mentres que Podemos recupera o vello lema de Non á guerra de cando gobernaba Aznar. Ciudadanos mete cuña para fender máis a disensión entre ambos socios e os dous principais partidos da oposición tamén amosan diverxencias. Nesta parte conservadora o PP revela as boas relacións de Vox con Putin. Cada un ao seu.

Comentarios