Opinión

Todos contra Illa

Aparece como terceiro na maioría das enquisas, que xa sería un triunfo de onde parte, pero semella o obxectivo a bater. No pouco que vai de campaña catalá (realmente xa antes) Salvador Illa é a diana de todas as arremetidas porque a súa presenza de volta á política autonómica representou un terremoto. Aínda que non serva para que o PSC estea de novo á fronte da Generalitat (moito mudou o escenario político de Cataluña desde que hai 14 anos Maragall deixara de presidila), si valeu para focalizar nos socialistas unha campaña que lle están facendo todos os demais cos seus ataques, como se fose o aspirante con máis posibilidades, aínda que os estudos demoscópicos digan o contrario, todos menos o CIS, que o sitúa de primeiro. De ser isto último certo, aínda que tivera escasas posibilidades de gobernar ante o independentismo non cometería o erro de Arrimadas hai tres anos, cando desprezou a posibilidade da investidura ao ver que non sumaba.

Comentarios