Opinión

Con todos, como amálgama

RACHA Feijóo co seu habitual hermetismo institucional e orgánico previo a algunha oficialización e anuncia como número dous do PP a Cuca Gamarra o día anterior a que se inicie o congreso que pon fin a unha transición que ela mesma pilotou desde o derribo de Casado e García Egea. O aínda presidente galego apóiase así nunha muller capaz de aglutinar, todo o contrario do que fixera a súa antecesora como portavoz parlamentaria popular, Cayetana Álvarez de Toledo. O triunfo da moderación fronte á radicalidade. A ex-alcaldesa de Logroño aínda que apoiou a Soraya Sáenz de Santamaría na loita polo liderado popular foi impulsada por Casado como amálgama no Congreso, debido á súa demostrada capacidade para estar con todos. E agora con Feijóo representa continuidade logo do abrupto desaloxo da cúpula popular. Todos contentos, incluídos os marianistas, algúns dos cales recuperará o novo presidente para conxuntar o partido.

Comentarios