Opinión

Tendencias máis que repercusión

A PARTE polo todo. Parecen convertidas en xerais unhas eleccións autonómicas. Porque o rival da candidata do PP é o presidente do Goberno, máis visible agora, pero xa desde que entrou na sede de Porta do Sol; porque o inquilino da Moncloa participou en campaña como se fose propia; porque o aspirante de Podemos é o fundador e aínda líder do partido; porque se celebran no principal feudo de Vox, e porque é proba determinante para o futuro de Ciudadanos. Pero non se enganen, aínda que algúns partidos consideren que España é un espello de Madrid, isto só ocorre en parte pois cada comunidade é un mundo. Entón non transcenderá ao resto, aínda que sirva para estimar tendencias. Avalíase a puxanza de Ayuso, máis que do PP; a consistencia de Vox, o aguante de Ciudadanos, a resistencia de Podemos ou a fortaleza do PSOE, máis que do amortizado Gabilondo. Parece que estivera en xogo o Estado, cando é só Madrid, aínda que sexa o centro de todo.

Comentarios