Opinión

Sustentar as palabras con feitos

TERÁ O PP que sustentar con feitos a prédica da apertura de lexislatura. Prometeu pactos e diálogo sobre practicamente todo, coa excepción económica. Así o proclamou Rajoy na investidura e días posteriores.

Ese era o discurso, e posiblemente sexa certo, porque a necesidade obriga para aprobar asuntos debido á febleza da minoría parlamentaria. Pero a intención pode bater cos vicios anteriores amparados na maioría absoluta que permitía levar ao BOE desde o Congreso calquera iniciativa.

Na súa intención de premiar coa presidencia dunha das máis importantes comisións a quen como ministro en funcións fora reprobado por utilizar o seu cargo e mais as forzas de seguridade para perseguir adversarios políticos, Rajoy non recordou a súa fraxilidade. Puido máis o ánimo de recompensa ao ter que prescindir do ministro por estar desacreditado que a solemne promesa de diálogo. 

Comentarios