Opinión

Supremachismo de outrora

MACHOTES autoritarios. Así teñen que seguir sendo os integrantes do benemérito corpo, como se por el non pasara case medio século desde a súa hipotética democratización. Ou así pensan algúns gardas civís que durante anos humillaron un compañeiro con insultos homófobos. Arriba España e morte aos maricóns, que non deberían estar na Garda Civil, pensaban e así o exteriorizaban os descualificadores do cuartel de Noia condenados por abuso, acoso, atentado á dignidade e discriminación por orientación sexual, que con este comportamento manchan o instituto enteiro aínda que só fosen catro dos 75.000 que compoñen o instituto armado. Un supremachismo cachirulo non extensivo ao colectivo pero que reflicte a parte reaccionaria que quedou ancorada na súa burbulla, defensora da regresión social, anacrónica cando caricaturiza o feminismo porque é contraria á igualdade e ridiculiza os homosexuais, ás veces ata con activismo político, sobre todo polo primeiro.
 

Comentarios