Opinión

Superar a depresión

IGUAL que o Liverpool na final da Champions ao perder por lesión o seu principal xogador, o PP entra en depresión tras ser derribado o seu líder. Por moito que un presidente autonómico suxeite o estandarte igual que o segundo dianteiro se erixiu como referente en ataque tras a lesión do primeiro e a secretaria xeral manteña a posición de choque igual que o terceiro futbolista tivo que bregar coa defensa do Real Madrid, a derrota foi incuestionable, para uns e para outros. E hai que recompoñerse para volver competir. Certo que os populares precisan un tempo de dó, pero a pesar de todos os contratempos cos que agora se enfrontan (unha caída inesperada, unha corrupción xeralizada, unha orfandade transitoria), seguen tendo unha infraestrutura que logo dunha imprescindible refundación lles pode permitir competir de novo polo poder. Pero deben superar a depresión.

Comentarios