Opinión

Superada unha anomalía, quedan outras

TRAS SUPERAR a anomalía democrática que supoñía manter un ditador xunto as súas vítimas, non só queda por reconsiderar o lugar de Cuelgamuros, senón solventar outra aberración que se prolonga o mesmo tempo que Franco levaba enterrado, permitir a apoloxía do franquismo. A exaltación dos rexímes totalitarios ten repercusión penal nos países europeos que os sufriron, pero aquí segue permitido, como se puido comprobar na retransmisión en directo do cambio de nicho, con algún viva ao tirano, brazo en alto con saúdo fascista e ostentación de estandartes do réxime entre os congregados. Sumado á existencia de entidades que enxalzan a Franco e mesmo levan o seu nome. Sen esquecer a necesidade de recuperar para a patrimonio público as propiedades en man da familia conseguidas de xeito fraudulento. O paso máis significativo, o de retirar o sátrapa do monumento que exalta o franquismo, está dado, pero non pode ser o derradeiro.