Opinión

Sube a pesar de perder polos dous flancos

CHAMATIVO QUE o partido que carece de liderado desde hai oito meses e mantén unha loita fratricida incluso máis prolongada sexa o mellor parado do último Barómetro do CIS e medre en apoio cidadán. Certo que as outras dúas formacións amosaron desde xaneiro as súas carencias, cun Podemos no que transcenderon as súas vergoñas cunha división interna da que non se recuperou e cun PP ao que a corrupción enlama integralmente, aínda que a elaboración da enquisa fose previa a que estourara a operación Lezo, un novo golpe para a súa credibilidade. Afronta o PSOE as primarias co risco de fuga de votantes, militantes e dirixentes cara outros partidos dependendo de quen gañe, a Podemos se a triunfadora é Susana Díaz e a Ciudadanos se o vencedor é Pedro Sánchez. É o problema de perder terreo tanto pola esquerda como pola dereita. E aínda así, desde a segunda posición.

Comentarios