Opinión

Souvenirs desagradables

NON SE pode falar de colectivo, porque só é un grupo de idade, pero os mozos están no ollo do furacán por ser os causantes dos últimos (e por desgraza seguro que non derradeiros) abrochos de covid. Claro que hai gañas de festa, sobre todo unha vez rematado o curso, e de rapaces a transgresión é máis habitual, por iso relaxaron antes de tempo as medidas contra a pandemia. Hai uns días vin pasar por diante desta casa na que cada día sacamos un periódico, cerca do parque Rosalía, un grupo duns trinta novos, e contei máis da metade sen máscara diante da boca, cando o elemento protector aínda estaba obrigado no exterior. É posible que algún deles estivera nas festas de Mallorca das que xurdiron megagromos por España adiante e que lle trouxera aos seus amigos un souvenir desagradable. É o risco de non cumprir as normas e non protexerse pola sensación de invulnerabilidade, pero a realidade, como comprobaron algúns deles, é ben distinta.

Comentarios