Opinión

Sobrados, pero non de argumentos

DE MARCOS de Quinto xa sabiamos do seu vasto patrimonio, pero o que non estaba constatado era que ía de sobrado. Agora si. Tamén podiamos sospeitar que gustaba do viño caro, algo que evidentemente se pode permitir ao atesourar varias ducias de millóns de euros, pero logo da discusión de arrabaleiro con Ignasi Guardans estamos no certo. É mellorable o nivel dialéctico amosado polo outrora vicepresidente executivo de Coca Cola e agora deputado de Ciudadanos ao responder cun altisonante "xentuza" e que abre unha botella de Quinta do Vale Meão (só el saberá se é unha de 100 ou de 400 euros, que de todo hai nesta bodega) para celebrar que non se parece a quen o tacha de miserable por criticar a Valls. E todo isto en Twitter, por escrito, non nun debate de bar, que sería o máis propio pola linguaxe utilizada. Insultar é o máis doado cando non existen razóns no debate político, e vistos episodios como este, de argumentos non parecen estar sobrados.

Comentarios