miércoles. 01.04.2020 |
El tiempo
miércoles. 01.04.2020
El tiempo

Sobra tensión e falta humor

IGUAL AHORA que hai medio século, "talvez non teriamos que lamentar moitas barbaridades se un dogmatismo fanático non nos tivera incapacitados para a tolerancia comprensiva do humor". Así o deixou escrito en 1963 Celestino Fernández de la Vega e segue tan vixente porque a pesar do paso do tempo hai colectivos que criminalizan a sátira se cren que atenta minimamente as súas conviccións. Nesta involución ata creacións humorísticas de hai máis dun século, como ‘Catecismo do labrego’ de Lamas Carvajal, poderían ser censuradas por atentar contra as crenzas relixiosas pois nun apartado pregunta "Quen son os deuses?" para responder "o alcalde noso señor, o secredario noso amo e o cacique noso dono"; e noutro: "–O alcalde é Deus? –É, si señor. –O secredario é Deus? –Ogallá non fora. –O cacique é Deus? –Así adoeza como o é". Sobran tensión, dogmatismo e fanatismo, e falta ironía.

Sobra tensión e falta humor
Comentarios