Jueves. 15.11.2018 |
El tiempo
Jueves. 15.11.2018
El tiempo

Se o sistema funciona, non o cambies

MELLOR LLE houbera ido ao PP co sistema de sempre, o da designación persoal, como Fraga con Aznar e este con Rajoy, porque as primarias só serviron para testemuñar dúas realidades. Unha delas reversible, que o partido máis votado de España é apático, pois só se inscribiu para participar na votación o 7,5% dos afiliados (sempre que a cifra de militantes non estea inchada, que sería unha falsidade ridícula). A outra, máis complexa de solventar, é que os seis candidatos parecen de seis formacións políticas distintas. E ao mellor dependendo de quen gañe os perdedores chegan á conclusión de que non recoñecen o partido, como lle pasou a Aznar. Ese é o principal risco. Pero agora xa está. Chega a votación tras a que só quedarán dous para que logo os compromisarios decidan. Ao xeito máis tradicional. Un pouco máis e volve resolver o que se foi, e así libraba o PP desta comezón.

Se o sistema funciona, non o cambies
Comentarios