Opinión

Saúde!

PECHAMOS un ano ruinzallo e brindaremos por que este sexa bastante mellor, coa esperanza de que as vacinas que se empezan a inocular contra o virus nos volvan á seminormalidade, esa que ansiamos porque tivo que vir unha pandemia para recordarnos o ben que estabamos antes —non todos, claro, pero case_, aínda que criticaramos dun xeito desmedido, porque aquí somos moito de reprochar, sexa unha actuación ou a contraria. Así quedou evidenciado neste novo estado de limitacións, no que en principio se reclamaron restricións case absolutas e unha vez impostas esixíase liberdade para incumprilas, porque non estamos satisfeitos con nada. De momento os Ertes e as axudas a autónomos alivian unha situación económica para a que aínda non se prevé recuperación, se ben a inmunización que afrontamos debería servir de rampla de despegue. Brindemos por iso, porque xa que este ano non o podemos borrar, miremos o futuro con optimismo.

Comentarios