jueves. 02.04.2020 |
El tiempo
jueves. 02.04.2020
El tiempo

Salvapatrias metemedo

NIN CONTIGO nin sen ti. De palabra recoñecen que Sánchez ten que ser o presidente para evitar novas eleccións, pero non o facilitan; entón non queda outra que buscar aliados para a investidura, e aí aparecen necesariamente os independentistas cataláns. PP e Cs premen aos socialistas para evitar o pacto con ERC pero sen garantir unha saída e conscientes, sobre todo o primeiro partido, que o mellor para el é este Goberno pero sen favorecelo, pois se así o fixera podería ser deglutido por Vox. Que este si que coacciona. Ata un xeneral retirado reconvertido en portavoz municipal en Palma da extrema dereita reclama aos «poderes do Estado» que eviten que Sánchez siga na Moncloa ao consideralo «un problema para a seguridade nacional». Soa a ameaza, pois o único poder que pode referendar ao presidente é o lexislativo, e niso andan, mentres que o Exército, ao que parece aludir, depende do Executivo. O perigo non é Sánchez senón os salvapatrias.

Salvapatrias metemedo
Comentarios