Opinión

Saír da crise ou entrar na miseria

A razón é do que máis poder ten, reflexiona o porteiro do Raio Vallecano Cristian Álvarez nunha entrevista publicada hai pouco en Público que bordea todos os tópicos deportivos habituais nun xogador de fútbol. E seguindo coa mesma liña argumental explica que os derrotados predominan fronte á vitoria, que é algo moi exclusivo, tanto no deporte como na vida, de aí as inmensas diferenzas entre uns poucos privilexiados que nesta crise seguen sumando e a inmensa maioría que sostén o país cuns traballos moi duros e pouco remunerados. Eses que nalgúns casos cobran soldos de 300 ou 400 euros ao mes porque é preferible percibir algo que estar de brazos cruzados agardando a esmola estatal. Así abandonan as listas do paro, pero realmente deste xeito non parece que saiamos da crise, senón que entramos na miseria, porque iso non lles priva de seguir recorrendo ao Bando de Alimentos.

Comentarios