lunes. 28.09.2020 |
El tiempo
lunes. 28.09.2020
El tiempo

Sacrificios menores poden ser insuficientes

QUEDA MOI lonxe calquera elección (catalanas á parte), que é o exame para os grupos políticos; pero o golpe é tremendamente duro para o PP, cando aínda non se recuperara da Gürtel que o desbancou do poder. Na Kitchen, igual que na anterior causa, o partido intenta salvagardar a cúpula, quedar á marxe, se ben nunha coma noutra teno difícil. Conformaríase con sacrificar mandos intermedios, a semellanza do PSOE cos GAL como mal menor, pero nesta operación hai pezas maiores acurraladas que se son abatidas derrubarían todo o entramado dun partido encamiñado cara unha refundación. A utilización do Estado para a comisión de delitos só ten un grao superior de indecencia, que os plans ilícitos non sexan para defendar a Administración ante agresións externas ou internas senón para atacar os rivais políticos con informes inventados ou para intentar tapar a súa propia corrupción. E a prolongación no tempo facilitaría aínda un maior desgaste.

Sacrificios menores poden ser insuficientes
Comentarios