domingo. 28.02.2021 |
El tiempo
domingo. 28.02.2021
El tiempo

Saber irse

Saber abandonar ten o seu mérito, aínda máis que chegar. Situarse no lugar axeitado para conseguir unha representación ten a seu valor, pero o momento da retirada amosa a personalidade de cadaquén para magnificar ou minguar. Houbo líderes de digna retirada, como Aznar ou Zapatero, despois de senllas dúas vitorias electorais, como se de Estados Unidos se tratara de obrigado cumprimento; e outros que se resistiron, pero a realidade teimuda coa cidadanía como ariete xubilounos aínda que ás veces semelle que pretendan visualizarse en primeira liña, como Felipe González. Pero o peor xeito de partida é o de Trump. Non asumir a derrota xa o deixou descualificado, pero incitar os seus para frear violentamente a validación do contrincante valeralle para un segundo xuízo político que o pode privar de buscar un novo mandato dentro de catro anos. Será o primeiro impeachment contra un presidente estadounidense tras deixar de selo. Por non saber irse.

Saber irse
Comentarios