sábado. 16.01.2021 |
El tiempo
sábado. 16.01.2021
El tiempo

Ruído nas aulas

NON HOUBO lei educativa consensuada nin, por iso, que non motivara protestas. A de Celaá non ía ser excepción, e cando volva gobernar o PP, que nalgún momento será, xa anunciou que a cambiaría, como cando entrou o PSOE prometera derrogar a lei de Wert, esa de 2013 que por primeira vez incluíu o castelán como lingua vehicular para frear a inmersión lingüística catalá e non o conseguiu. No resto do Estado todo seguiu igual a pesar da grandilocuencia. En Galicia sempre foi nas aulas o castelán o idioma principal, e Feijóo xa anunciou que seguirá sendo. Desta volta sae á rúa a concertada porque non lle gusta que as familias non teñan que pagar cotas a fundacións ou por actividades extras dentro do horario escolar, que os colexios que segreguen por sexo non reciban subvención, que teña máis peso a cercanía ao centro á hora da admisión e que a materia de Relixión deixe de computar no currículo. Todo con moito ruído, para aplauso opositor. Normal.

Ruído nas aulas
Comentarios