Opinión

Riscos para a nova sociedade política

NON É baladí o pacto ao que se están achegando PP e Vox. É evidente a querenza dos populares polos seus escindidos pola dereita, á parte da necesidade perentoria en momentos como o andaluz; pero a peaxe a pagar pode ser bastante máis cá que semella agora puntualmente. Porque Vox renega do Estado das autonomías, básico na Transición que tanto defende o PP para reivindicar a concordia e a convivencia que Abascal e os seus queren romper con posturas extremas. Pero non son só as comunidades, consagradas na Constitución que tanto din resgardar os populares como algo case intocable, senón que o novo partido rexeita o espazo de libre circulación de persoas dentro da Unión Europea. O seu ultranacionalismo lévao tamén a reclamar exclusividade do Estado nas relacións internacionais, como ariete no retorno á autarquía franquista, un antieuropeísmo teoricamente pelexado co PP que deberá cambiar de discurso se bendí esta nova sociedade con Vox.

Comentarios