lunes. 01.06.2020 |
El tiempo
lunes. 01.06.2020
El tiempo

Os riscos da mestura

É o problema de flirtear con moitos, que pretendendo contentalos sen distinción pódese acabar mal con todos. O que se vén chamando aritmética parlamentaria, ou xeometría variable, pactar con distintos grupos para aprobar iniciativas, arrastra contratempos, nas máis das veces motivados por celos por tentar ser os predilectos. Se concorda con Cs láiase ERC; se se aproxima a Bildu quéixase o PNV. Todo son lamentos por non ocupar a preferencia. Máis por promiscuidade que por sentimento, as alianzas cuns provocan reprimendas doutros, algo que as dúas patas do Goberno deben asumir, con conseguinte risco, pola inconsistencia dunha unión sustentada na exigüidade de 155 deputados, a falta de 21 para garantir maiorías. De aí que ás veces se ceda nos caprichos amatorios, pero sen garantía de felicidade porque pode ser acusado de confuso, de non saber a quen querer, posiblemente porque lle dea igual, e así en vez de fortalecerse debilítase.

Os riscos da mestura
Comentarios