Opinión

Rexeneración ou refundación

ESPERANZA AGUIRRE reclama rexeneración do seu partido, tanto en términos ideolóxicos como de estrutura interna. Isto é, require que canto antes sexa organizado un congreso para afrontar cambios profundos unha vez que Rajoy sexa investido presidente, algo do que a estas alturas ninguén dubida. Non é a de Aguirre a única voz que demanda renovación, aínda que é das poucas que transcende publicamente; se ben ao mellor o PP precisa non tardando moito unha refundación en vez de rexeneración, pois se o proceso no que está investigado polo borrado dos discos duros do ordenador do extesoureiro Bárcenas acaba en condena tería complicado continuar coa súa vida orgánica. E ademais, ou sobre todo, ten por riba guindada a espada do xuízo do caso Gürtel, no que o PP estará como partícipe a título lucrativo da trama corrupta. Entón ten que elixir entre rexeneración ou refundación.

Comentarios