Opinión

Revolución ou escaramuza

NON cambiou o sistema, pero nada foi igual no mundo logo do Maio do 68. Sucedeu en París, o mesmo lugar onde a revolución liberal acabou coa monarquía absoluta dous séculos antes para erguer os piares da democracia actual. Puido ter sido noutro sitio, pero a capital francesa foi durante algo máis dun mes o fervedoiro no que coceron novidades como a ecoloxía, o feminismo ou a liberdade sexual. E non houbo volta atrás. O movemento de indignación xurdido tamén en maio, hai sete anos, parecía que tampouco acabaría co sistema pero que o abriría a una democracia máis participativa e que as reivindicacións sociais facilitarían un maior protagonismo cidadá, pero logo das primeiras reaccións temerosas á revolta todo continuou igual e nin sequera se erradicou a corrupción, aínda que os xulgados se atalicaran de representantes adulterados. Maio si, pero o de hai 50 anos cambiou o mundo e o de hai 7 non pasou dunha escaramuza.

Comentarios