Opinión

Retrato dun país no banco

BANCARIOS, ECONOMISTAS, avogados, empresarios, políticos de todos os partidos existentes daquela, sindicalistas. De todo hai no banco dos acusados pola utilización das tarxetas negras de Bankia e Caja Madrid. A foto fixa dos conselleiros e directivos que gastaron sen xustificación aparente dos fondos das caixas reflicte a golfería dun país inconsciente das limitacións do Estado, onde poder extraer a mans cheas e se é posible evitar achega algunha. E como fórmula de defensa, unha que xa foi utilizada non hai moito por algúns políticos, poñer en entredito o xeito no que foron conseguidas as probas. É unha forma de aceptar a súa culpabilidade pública, aínda que iso os pode librar do cárcere, que a estas alturas é a súa aspiración, porque xa pasaron pola pena do telediario e polo escarnio de aparecer caras e nomes nos medios de comunicación. Este xuízo amosa que o país precisa dun reseteo.

Comentarios