Opinión

Repudio da democracia

"PENSEI QUE este tipo de xente xa non existía", láiase a lucense que por reclamar ser atendida en galego na Xunta recibiu unha lección de franquismo como resposta, unha defensa do ditador con argumentario neocentralista, acometida contra calquera idioma que non sexa o castelán e alegato eliminador das autonomías (incluída a institución na que traballa). Pois esta cidadá non viu as enquisas que reflicten que o 2,5% dos españois son de extrema dereita, é dicir, arredor do millón. A porcentaxe de votantes de partidos ultradereitistas é bastante inferior, pois a maioría busca acomodo noutras formacións, que pode ser o caso das traballadoras públicas que utilizan o seu rexeitamento ao galego como pantalla que agocha unha ideoloxía totalitaria. Non é só problema do idioma utilizado, que contravén a norma de que un cidadán sexa atendido na súa lingua, senón de repudio da democracia.

Comentarios