Opinión

Relacións entre gobernos e oposicións

As relacións entre partidos son ben distintas segundo o país. Repasemos algúns. En Alemaña a ultradereita é o máis contundente ariete contra o Goberno de gran coalición cristiansocialdemócrata, os liberais comezan a ensinar a pata para buscarse un oco e tanto verdes como poscomunistas amosan lealdade. En Italia a oposición radical busca réditos dando agresivos tombos, allea a todos. En Francia todo se pospón á fin da pandemia, cunha unidade aparente e críticas construtivas da oposición cando corresponde, incluída a extrema dereita. En Reino Unido todo o espectro político está ao lado do Executivo. En Portugal os socialistas contan coa absoluta colaboración dos conservadores, que axudan no que poden. E en España, o principal partido opositor aparenta lealdade pero abanea ao Goberno e a ultradereita endureceu a liña crispante iniciada coa lexislatura. Como se ve, hai de todo por Europa, algúns buscan o ben do seu país e outros o propio.

Comentarios