martes. 21.09.2021 |
El tiempo
martes. 21.09.2021
El tiempo

Reiterativa petición

A AZNAR SAÍULLE ben o cargante pedimento «váiase, señor González», repetido durante dous anos. Agora Casado replica unha campaña similar con Sánchez a metade de mandato coa que todo parece que insistirá ata 2023. Son outros tempos, daquela Felipe González estaba desgastado de catro lexislaturas no poder e a corrupción arredor envolvíao, e o candidato popular mantiña unha oposición sen vaivéns.

Casado, eufórico pola onda das enquisas e polo éxito de Ayuso, entende que a fórmula para atallar cara a Moncloa é escorarse cara onde se atopa Vox, dando por captado o espazo de Ciudadanos e considerándose incólume, a pesar da decepción, da postura de empresarios e bispos comprensivos cos indultos aos presos do procés. Abandona a dereita moderada para lanzarse ao extremo ata incluso xustificar o golpe de Estado que provocou unha guerra civil como un enfrontamento entre democracia sen lei e lei sen democracia. A cabalo da liña dura.

Reiterativa petición
Comentarios