Opinión

Recuperación de liberdades

LIBERAIS no económico pero lexisladores sobre cada vez máis restricións á liberdade. O dereito negativo defendido polo arquetipo do liberalismo Isaiah Berlin non é estandarte para un partido que aproveitou en 2015 a súa maioría absoluta para aprobar unha norma regresiva. Logo de case tres anos desde a entrada en vigor da lei de seguridade cidadá, ou mordaza, segundo común cualificación por ameazar dereitos como os de reunión ou expresión, a oposición parece aproximarse para a súa derrogación ou eliminar as partes que máis limitan os dereitos fundamentais. Pero para lograr que deixe de ter valor probatorio unha declaración dun axente da orde, se supriman as identificacións preventivas ou non se coarte o dereito á información ten que apoialo Ciudadanos, un partido sustento do Goberno que se declara liberal pero que non foi quen de dar un paso para que o Parlamento retire a mordaza.

Comentarios