Opinión

Reconciliación ou revanchismo

A APLICACIÓN da lei non é suficiente para saír da encrucillada, pois só serve para amosar a superioridade do Estado sobre unha comunidade. Esta imposición legal, máis de xeneral que de estadista, para aplauso dos devotos máis levados polo ánimo revanchista que polo da reconciliación, xerará resentimento, e como dixo John Carlin, este é "é un motor político de inesgotable enerxía".

A ocupación política de Cataluña e as eleccións valen para desatascar temporalmente unha situación sen saída, pero non para resolver un conflito con dúas posicións antagónicas de forzas parellas.

Pensar que co 155 queda todo resolto é a inxenuidade política máxima, pero como aquí o que faltou precisamente foi política, partidos e seguidores poden crerse que isto non ten máis percorrido, cando mentres non se alcance a concordia o principal asunto quedará inconcluso por moita lei que se aplique.

Comentarios