Opinión

Reaccións dispares ante ameazas diferentes

O ESTADO sentiuse moito máis ameazado por unha posible mingua territorial que pola ruína económica producida por un indebido uso da súa estrutura, incluso en parte desde dentro; por iso reaccionou dun xeito virulento cando a advertencia de ruptura fronteiriza era real e pola contra fíxoo dunha forma morna cando a creba administrativa semellaba próxima e incluso se utilizou parcialmente para protexer os que interiormente a socavaban.

O rexeitamento foi absoluto contra a agresión parcial e feble contra a total, quizais porque os representantes do Estado entendían que ante a primeira a claudicación sería definitiva e ante a segunda, recuperable. Por todo iso alguén publicou nas redes sociais con gran ironía pero con enorme profundidade que Rodrigo Rato estivo no Congreso dando explicacións porque non está na cadea, e non está "porque só saqueou medio país, non convocou un referendo".

Comentarios