Miércoles. 21.11.2018 |
El tiempo
Miércoles. 21.11.2018
El tiempo

Razóns económicas que agochan crenzas

É BASTANTE recorrente o argumento de que hai asuntos máis importantes que resolver cando se rexeita a decisión que se toma nunha institución, ou tamén que ten un custe económico, cando outras iniciativas nas que se participa poden ser igual de onerosas ou máis, pero aí non teñen nada que obxectar, porque concordan. Vimos de oír críticas á memoria histórica co razoamento de que implica un investimento que mellor se debería destinar a outros fins habida conta das necesidades existentes no país. Quizais quen isto rexeita, por ideoloxía camuflada na economía, aplaudiu ou incluso participou nunha xura de bandeira, que pouco ou moito tivo o seu importe para as arcas públicas, ou gozou en directo ou por televisión cunha exhibición das Forzas Armadas (o gasto este ano superou os 733.000 euros). Non é que se censure por causa económica como parece. É a careta que agacha crenzas.

Razóns económicas que agochan crenzas
Comentarios