Opinión

Protección do máis feble

GALICIA está mañá [luns] de festa, día de celebración; se ben cada ano hai menos xente para conmemorar nesta terra minguante de crise demográfica permanente. Descenso poboacional e galegofalante porque non se atopa o camiño que favoreza nin a recuperación de habitantes nin do idioma propio, e iso que sería obriga institucional protexer a lingua máis feble entre as oficiais. O idioma é a forza que nos xungue e sostén; se perdemos a fala non seremos ninguén, como escribiu o agasallado este ano polo Día das Letras; e pola contra aínda hai asociacións galegas que baixo o eufemismo de cohesión social en todo o “territorio nacional” español subscriben o uniformismo castelán e polo tanto a desaparición pública do diferente. Camuflado de liberdade idiomática algúns agachan intencións fascistoides de eliminar o distinto. Renunciar ao idioma é ser mudo e morrer, dixo Manuel María, e niso andamos.

Comentarios