Miércoles. 22.11.2017 |
El tiempo
Miércoles. 22.11.2017
El tiempo

Protección de posibles infractores

QUE COINCIDA un bo número de policías á hora de tomar café pode ser criticable pola cidadanía, pero para saber se existiu extralimitación xa existen canles, e esas determinan, logo do informe elaborado polo seu xefe, que non, que entraba dentro da normalidade. Nada que obxectar entón. Incluso os axentes os asiste a legalidade por querer saber quen os retratou, porque a lei mordaza que aínda está en vigor a pesar de atentar contra dereitos fundamentais prohibe sacar imaxes de calquera policía, pero este si pode gravar o resto de cidadáns aínda que non estean cometendo un delito e el poida estar perpetrando un. Hai xa vinte séculos o poeta latino Juvenal preguntábase "quen vivía ao vixilante", pero pasados dous mil anos parece que o inquérito non está desfasado, e máis cando ás declaracións dos uniformados se lles dá valor probatorio, aínda que algúns deles poidan ser uns infractores.

Protección de posibles infractores
Comentarios