Martes. 25.09.2018 |
El tiempo
Martes. 25.09.2018
El tiempo

Profundas feridas por cicatrizar

SÓ QUEDAN dous na loita fratricida por liderar o PP, pero a terceira vai ser determinante para a resolución que ofrece o peor dos escenarios, porque os finalistas quedaron separados por só tres puntos e apenas 1.500 papeletas dos militantes. A máis votada apresurouse a ofrecer integración, pero o segundo rexeita esa unidade ante a posibilidade de gañar grazas aos descartados, aínda que amosaría incongruencia porque o partido sempre defendeu, nas convocatorias electorais, que gobernase a lista máis votada, aínda que fose por vitoria pírrica e os outros sumasen moito máis.

Nesta tesitura, incoherencia á parte, Casado (34%) ten máis probabilidades de dirixir o PP porque pode atraer gran parte do 26% de Cospedal e pola contra Santamaría (37%) apenas contaría con aliados. Aznariano e de dubidosos estudos, é o mellor situado, pero sexa quen sexa, moito terá que suturar para reflotar o partido.

Profundas feridas por cicatrizar
Comentarios