Opinión

En proceso de esvaerse

Segue o mesmo camiño de UPyD, pero desde maior altura. Chegou a pelexar por ser líder do centrodereita, convencido de que podía superar o PP, e está en proceso de converterse en testemuñal. Pasar de primeiro a sétimo en Cataluña nunha lexislatura curta marcaba esa dirección, de partido menor, pero bisagra en portas de vaivén que tanto abrían para a esquerda como para a dereita. Sabendo o sitio que debía ocupar tería futuro, se ben a inconsistencia do liderado, a diversidade interna que esta crise reflicte e a ausencia de folla de ruta poden levar a Ciudadanos a esvaecer. A división en Murcia, con deputados que apoiarán o PP logo de asinar unha moción de censura contra el e outros inclinados ao PSOE, empurra o partido cara a nada, porque unha cousa é ser transversal en grupo e outra que cada un vaia por libre. Se se confirman as eleccións autonómicas en Madrid, todo indica que levarán unha labazada que os pode volver á liña de saída. Mal van.

Comentarios