Opinión

Principios cambiantes

EN POLÍTICA ás veces o que se di hoxe rexéitase mañá sen rubor. É unha actividade da que xermolan grandes seguidores da filosofía de Groucho Marx, que tiña uns principios sólidos pero se non gustaban optaba polos opostos. As hemerotecas están repletas de casos así. Non imos saturar con exemplos, pero está aínda fresco cando o PSOE aseguraba que Chaves e Griñán terían que deixar as actas de deputados se eran imputados, e xa en clave máis local, o PP pasou anos reclamando a retirada de Orozco e agora esfórzase en convencelo para que continúe, único modo de acceder á alcaldía. E este mesmo partido defende que goberne a lista máis votada pero non como norma xeral, pois no Concello de Ourol non ten empacho en pactar para evitar o goberno do socialista vencedor, aínda que para iso lle outorgue a alcaldía ao candidato da terceira lista, a menos votada polos veciños.

Comentarios