domingo. 24.01.2021 |
El tiempo
domingo. 24.01.2021
El tiempo

Presidente positivo

Paga coa enfermidade e a ausencia da campaña electoral o seu desprezo polo virus "chinés", como despectivamente lle chama, logo de manter que o covid-19 estaba superado e que xa só afectaba aos mozos. Na súa controvertida xestión, por non cualificala de disparatada, Trump vanglóriase do desacato ás normas, impropio dun representante público, un negacionismo espallado polas súas radicais bases que agora ten que engulir; o mesmo que antes fixeron o brasileiro Bolsonaro e o británico Johnson tras padecer a afección da que se burlaban. O raro do presidente estadounidense é que desta non culpe aos demócratas de contaxialo, porque leva anos propagando que son os responsables de todos os males. No seu delirio xa antes de infectarse, polo que non se pode responsabilizar diso á afección, insinuou que non aceptaría o resultado electoral se perdía; non sería de estrañar entón que se non gaña culpe a China e lle declare a guerra polo seu positivo en covid.

Presidente positivo
Comentarios