LÓXICO QUE busque o PP apoio do PNV, aínda que este xa lle dixera que non pensaba nin descolgar o teléfono, e de Junts, tras pasar da énfase en que está liderado por un prófugo golpista a que se trata dun partido sen dúbidas de legalidade. Todo pola presidencia, cunha abstención dos independentistas á que se chegaría con iguais concesións ás que está disposto o PSOE para que Sánchez siga no Goberno. Pero o PNV, que pensa máis nas próximas eleccións autonómicas de xuño que nos réditos directos da investidura estatal, dificilmente apoiará a Feijóo por ter que acoplar os seus votos cos de Vox. Sería a súa tumba ante Bildu. E logo das desaforadas acometidas populares contra Junts, non semella posible que os deputados de Puigdemont se presten a apoiar ao seu atacante cando obterían o mesmo co PSOE. En política todo é posible, pero o ex-presidente galego está abocado ao fracaso, e sábeo, pero non só ten en xogo a presidencia do Goberno, senón tamén a do partido.
Buscar
Secciones
Servicios
El Grupo
Comentarios